Novidades de Educación - 31/01/24
Hoxe destacamos...
25 de xaneiro de 2024
Bolsas EEUU 2024-25: Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas
Tamén se publica a listaxe de agarda así como as solicitudes desestimadas e excluídas con a expresión da súa causa

Novas

29 de xaneiro de 2024
Inés Rey recibe o alumnado do CEIP María Pita como parte do proxecto ‘Tripulando a igualdade’
Rey trasladoulle os parabéns ao equipo directivo do centro polo proxecto e destacou a importancia de potenciar as mulleres referentes
25 de xaneiro de 2024
Yoya Neira e Juan Ignacio Borrego presiden o Consello Escolar Municipal, con representación de todos os estamentos do ensino coruñés
A xuntanza tivo lugar no Palacio Municipal de María Pita
25 de xaneiro de 2024
Juan Ignacio Borrego destaca os paralelismos entre arte e ciencia na mostra ‘Converxencias’ do Ágora
O concelleiro de Educación visitou os talleres e a exposición promovida polo Concello e Igaciencia
25 de xaneiro de 2024
REIM: Publicadas as listaxes definitivas de admisión (convocatoria de xaneiro)
A matrícula formalizarase do 29 ao 30 de xaneiro. As escolas contactarán coas familias con praza adxudicada
24 de xaneiro de 2024
O Concello adxudica o servizo de xestión das Bolsas USA 2024-25, que retornan a Estados Unidos e ofertarán 40 prazas, catro máis que este curso
O Goberno de Inés Rey introduciu nos pregos do contrato diversas melloras orientadas á rapazada beneficiaria e as súas familias
22 de xaneiro de 2024
Celebramos o Día Internacional da Educación
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación, en celebración do papel que a educación desempeña na paz e no desenvolvemento
21 de xaneiro de 2024
O Concello abre o prazo de inscrición no programa de intercambio escolar do Eixo Atlántico
O intercambio realizarase co municipio portugués de Felgueiras, ao que viaxarán 30 rapaces e rapazas de 5º ou 6º de primaria da Coruña
16 de xaneiro de 2024
Inés Rey destaca a “colaboración institucional” establecida entre o Concello e a UDC, que inicia unha nova etapa co reitor Ricardo Cao Abad á fronte
A alcaldesa asistiu hoxe ao acto de toma de posesión do novo reitor da Universidade da Coruña, que substitúe a Julio Abalde
16 de xaneiro de 2024
Arrinca Todo Público, edición Primavera 2024
A inscrición está aberta para os centros da Coruña, e estará dispoñible a partir do mércores o 17 de xaneiro para o resto de municipios