Boletín Educación
Novidades de Educación - 22/03/24
Hoxe destacamos...
20 de marzo de 2024
Luz verde ás bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais de cara ao curso 2024-25
O Goberno de Inés Rey sufragará novamente o custo íntegro das horas de atención educativa, unha medida posta en marcha no pasado mandato e coa que o Concello foi pioneiro en Galicia

Eventos

Feira matemática
06/04/2024 
A feira matemática realizarase o sábado 6 de abril, de 11.00 a 20.00 horas no Hall de Proa de Palexco 
Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP): inscrición
Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024 
Do 1 a 8 de abril ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros da cidade.Do 3 a 8 de abril ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.
XI Certame de monólogos cómicos en galego: Gala
10/04/2024 
Este programa pretende fomentar o uso da lingua galega no alumnado de ensino secundario, bacharelato e FP, así como potenciar a comprensión e a expresión oral, a creatividade e a espontaneidade no uso da lingua galega

Novas

20 de marzo de 2024
O CFP Nebrija gaña a XVI edición do Programa Inicia cun proxecto de comercialización de papel absorbente sostible
O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais participou na entrega de premios desta iniciativa do Concello para fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado de Formación Profesional e Ensinos Especiais
19 de marzo de 2024
Inés Rey destaca o valor social e educativo do programa ‘Recórdame’, no que os pequenos e pequenas da EIM Luís Seoane comparten experiencias con usuarios e usuarias da residencia Torrente Ballester
A alcaldesa recibiu as persoas participantes neste programa interxeracional
12 de marzo de 2024
Rey e Cao abordan os retos comúns entre Concello e UDC para os vindeiros anos
Destacaron a posta en marcha da Cidade das TIC como exemplo de colaboración institucional, que será xestionada de forma 100% pública cunha sociedade formada por ambas institucións