Novidades de Educación - 02/11/26
Hoxe destacamos...
1 de novembro de 2026
O Concello da comezo ao programa contra o acoso escolar Freestyle People School
A iniciativa busca concienciar aos nenos e nenas acerca do respecto e a inclusión a través do rap, a creatividade e os exercicios musicais
14 de outubro de 2026
O Concello acolle un tribunal de convivencia co alumnado do CEIP Ramón de la Sagra como parte da programación previa ao DATAfórum 2026
Os nenos e nenas de 6º de primaria participaron nunha vista xudicial simulada que tratou temas como o acoso ou o ciberacoso no entorno escolar
Rede de Escolas Infantís Municipais - REIM
22 de outubro de 2026
O Concello publica a lista de vacantes e actualiza a lista de espera das Escolas Infantís Municipais
Nos vindeiros días procederase a distribuír as prazas dispoñibles nos diferentes centros da rede por un criterio de baremación
A nosa axenda
Visitas escolares 2026-27 - Prazo de solicitude de visitas para o segundo e terceiro trimestre
Dende o 02/11/2026 ata o 13/11/2026 
Tras a publicación da listaxe provisional de adxudicacións para o primeiro trimestre ábrese, ata o día 13 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes para as visitas do segundo e terceiro trimestre.
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal