Novidades de Educación - 30/06/26
Hoxe destacamos...
30 de xuño de 2026
Publicadas as listas definitivas de solicitudes admitidas para o curso 2026-27 da REIM
O prazo de matrícula permanecerá aberto do 1 ao 10 de xullo. As matrículas serán xestionadas por cada unha da escolas da REIM.
26 de xuño de 2026
As nenas e nenos coruñeses, protagonistas do pleno do Consello Local da Infancia, que tivo na saúde mental unha das súas liñas de reivindicación
A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor a implicación da rapazada para mellorar e transformar a cidade, así como o compromiso amosado con cuestións como a igualdade de xénero
23 de xuño de 2026
O Concello abre o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do CEE Nosa Señora do Rosario, adaptadas ao alumnado con necesidades especiais
Esta iniciativa pioneira comezará o curso que vén, cunha oferta de 48 prazas en cinco grupos
19 de xuño de 2026
O Concello investiu desde xaneiro 1,5 millóns de euros en distintas obras nos colexios públicos da cidade
O concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego, presidiu o Consello Escolar Municipal para dar conta das obras feitas
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal