Novidades de Educación - 09/06/26
Hoxe destacamos...
9 de xuño de 2026
Publicadas as listas provisionais de solicitudes admitidas para o curso 2026-27 da REIM
Ábrese un prazo de dez días hábiles, do 9 ao 22 de xuño, para a presentación de alegacións.
4 de xuño de 2026
O Concello reforza a atención ao alumnado con necesidades especiais cunha nova edición do programa de músicoterapia nas aulas
A través da Fundación Emalcsa renovarase para os próximos cursos o proxecto que no 2025 chegou a 74 alumnas e alumnos da cidade
1 de xuño de 2026
As actividades extraescolares promovidas polo Concello e a Federación de ANPA para o curso 2026/2027 abrirán o prazo de solicitude o 1 de xullo
Nesta nova edición dos "Programas de lecer", a oferta amplíase coa incorporación de CHORUS, un programa educativo e cultural centrado no canto coral infantil.
27 de maio de 2026
Máis de 2.600 alumnas e alumnos participan nas actividades extraescolares promovidas por Concello e Federación de ANPAS en centros públicos, ás que se incorporará o proxecto Chorus
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe a Programación de Lecer Educativo que se desenvolverá nos colexios públicos da cidade no exercicio 2026-27
24 de maio de 2026
O Concello avanza nas tarefas previas á apertura da nova EIM Monte Alto, coa adquisición do novo equipamento e mobiliario da escola infantil
A nova instalación, construida na rúa Cuento ao abeiro da rehabilitación do mercado municipal do barrio, volverá á actividade no mes de setembro
A nosa axenda
XXXV Mostra de Teatro Escolar: gala de entrega de premios
12/06/2026 
Lugar: Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
A gala de entrega de premios celebrarase o venres 12 de xuño, ás 17:00 horas, no Fórum Metropolitano.
Duración: 2 horas
Horario:

As 17:00 horas.

16:45 h: Apertura de portas ao público.

• 17:00 h: Comezo da gala coa ENTREGA DAS 4 MENCIÓNS ESPECIAIS á EIM Luís Seoane, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CPR Fogar de santa Margarida e CPR Franciscanos por un membro do xurado ou o Concelleiro de Educación (ou outro*.)

• 17:10 h: REPRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE INFANTIL do EIM Luís Seoane e do CPR Obradoiro; e entrega de diplomas pola Directora de Área de Educación.

17:45 h: Apertura de portas ao público.

• 17:50 h: REPRESENTACIÓN DO GRUPO DE PRIMARIA do CEIP Cidade Vella e entrega de diplomas pola Directora de Área de Educación.

18:15 h: Apertura de portas ao público.

• 18:20h: REPRESENTACIÓN DO GRUPO DE SECUNDARIA do IES Monte dás Moas e entrega de diplomas pola Directora de Área de Educación.

• 19:00 h: PECHE DA GALA pola Directora de Área de Educación.

Prezo:

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

Pleno do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC)
26/06/2026 

Realizarase un ensaio o luns 22 de xuño, ás 16.30 horas.

Lugar: Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
As conselleiras e conselleiros do CLIAC presentarán o traballo realizado durante o curso ante a alcaldesa.
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal