Novidades de Educación - 14/04/26
Hoxe destacamos...
10 de abril de 2026
Publicadas as listas provisionais de solicitudes seleccionadas, en espera e excluídas do programa Idiomas do Mundo 2026
Como se establece nas bases do programa ábrese un período de dez días hábiles (do 11 ao 28 de abril) para a presentación de posibles correccións e emendas.
10 de abril de 2026
A alcaldesa concédelles as súas “licenzas de venda” ás cooperativas dos 422 participantes do Proxecto Semente
Os nenos e nenas de oito centros educativos da cidade venderán os seus produtos o próximo 22 de maio nun mercado nos Xardíns de Méndez Núñez
1 de abril de 2026
O Concello promove entre abril e maio un intercambio escolar entre nenos e nenas da Coruña e alumnado de Guimaraes
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Prácticas visitará a cidade portuguesa do 12 ao 14 de maio, dentro do programa desenvolvido en colaboración co Eixo Atlántico
23 de marzo de 2026
O Concello reforza a colaboración coa comunidade educativa nun encontro coa Federación de ANPAs
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse coa directiva da asociación de nais e pais para analizar a situación dos centros e avanzar en liñas de traballo conxuntas
23 de marzo de 2026
O Concello conmemora o Día da Árbore no parque de San Diego plantando 40 novos exemplares co alumnado do Sal Lence
Medio centenar de rapazas e rapaces participaron no acto de hoxe, no que a alcaldesa, Inés Rey, acompañou as nenas e nenos nas tarefas sobre o terreo
A nosa axenda
VI Premios de Innovación FEAE Galicia: prazo de presentación de proxectos
Dende o 06/03/2026 ata o 06/05/2026 

Prazo de presentación de proxectos: desde o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2026.

Os proxectos pódense presentar ata o día 6 de maio, a través do formulario de inscrición correspondente. O día 18 de maio publicarase o proxecto gañador.
V Concurso Imaxina Coruña: Feira de ideas e entrega de premios
18/04/2026 
Lugar: Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña
Celebrarase na Domus, o sábado 18 de abril, en horario de mañá.
Horario:

Celebrarase en horario de mañá. Horarios definitivos por confirmar.

XXV Rebumbio matemático: Fase de zona (A Coruña)
24/04/2026 
Lugar: Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
A fase de zona da Coruña terá lugar o venres 24 de abril de 2026, ás 10:30 horas, no Fórum Metropolitano.
Horario:

A partir das 10:30 horas.

Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal