Novidades de Educación - 23/03/26
Hoxe destacamos...
17 de marzo de 2026
Un grupo de 6º curso do CEIP de Prácticas, seleccionado para participar no programa educativo "V Intercambio Escolar Eixo Atlántico "
O alumnado coruñés visitará a cidade de Guimarães os días 11, 12 e 13 de maio.
18 de marzo de 2026
Nova actividade de fomento da lingua galega nas escolas infantís
A proposta musical "O son que me arrola", da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, achega os nenos e as nenas á cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación.
16 de marzo de 2026
Máis de 500 nenos e nenas participaron este ano no programa do Concello “Espías no tempo”
O alumnado de oito CEIPs fixo actividades para coñecer máis de preto a historia dos barrios da cidade
14 de marzo de 2026
A 19º Feira Matemática congrega na Coruña a máis de 1.500 asistentes
O evento educativo celebrado en Palexco virou este ano ao redor da intelixencia artificial e o pensamento computacional
13 de marzo de 2026
O Concello oferta 412 novas prazas nas Escolas Infantís Municipais
A preinscripción en liña deberá realizarse entre o 16 e o 30 de marzo a través do portal web do Consistorio
A nosa axenda
21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato: prazo de presentación de propostas
Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026 
Os/as participantes poden enviar ata un máximo de 3 fotografías, en branco e negro ou en cor e en formato dixital. Os traballos poderanse presentar ata o día 31 de marzo.
VI Premios de Innovación FEAE Galicia: prazo de presentación de proxectos
Dende o 06/03/2026 ata o 06/05/2026 

Prazo de presentación de proxectos: desde o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2026.

Os proxectos pódense presentar ata o día 6 de maio, a través do formulario de inscrición correspondente. O día 18 de maio publicarase o proxecto gañador.
Rede de Escolas Infantís Municipais: prazo de solicitude de novos ingresos
Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026 
Coa publicación das prazas vacantes, o día 13 de marzo, ábrese o prazo de solicitude de novos ingresos entre o 16 e o 30 de marzo.
V Concurso Imaxina Coruña: Feira de ideas e entrega de premios
18/04/2026 
Lugar: Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña
Celebrarase na Domus, o sábado 18 de abril, en horario de mañá.
Horario:

Celebrarase en horario de mañá. Horarios definitivos por confirmar.

Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal