Novidades de Educación - 09/03/26
Hoxe destacamos...
6 de marzo de 2026
A Rede de Escolas Infantís Municipais abre o luns 9 o prazo para reservar prazas para o vindeiro curso
As familias con alumnado xa matriculado nas EIM poderán solicitar a súa continuidade ata o día 12. Xa o venres 13 publicarase na páxina web do Concello a bolsa de prazas libres para novos ingresos
5 de marzo de 2026
O programa municipal Idiomas do Mundo recibiu máis dun cento de solicitudes de alumnas e alumnos coruñeses para estudar un mes en Irlanda
O Concello publicou este xoves a listaxe de candidaturas admitidas. En total, serán 32 rapazas e rapaces os que participarán nesta experiencia de inmersión lingüística, que terá lugar o vindeiro verán
5 de marzo de 2026
O Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) elabora un manifesto con motivo da celebración do 8M
Nos próximos días, e como parte da programación do 8M, as nenas e nenos que forman parte do CLIAC procederán á lectura do manifesto.
27 de febreiro de 2026
O Concello publica o regulamento de funcionamento do Consello Local da Infancia e Adolescencia da Coruña
O regulamento foi aprobado inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 12 de febreiro. Coa súa publicación no BOP ábrese un período de 30 días hábiles, do 2 de marzo ao 15 de abril, para a presentación de alegacións ou suxestións por parte por parte das persoas interesadas.
24 de febreiro de 2026
A Feira de Ideas premia a creatividade empresarial do alumnado dos centros de FP e ensino especial
Tres plans de negocio foron recoñecidos polo Concello entre os 15 seleccionados no marco do proxecto Inicia de difusión da cultura emprendedora
A nosa axenda
21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato: prazo de presentación de propostas
Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026 
Os/as participantes poden enviar ata un máximo de 3 fotografías, en branco e negro ou en cor e en formato dixital. Os traballos poderanse presentar ata o día 31 de marzo.
Rede de Escolas Infantís Municipais: prazo de solicitude de renovación e traslado de praza
Dende o 09/03/2026 ata o 12/03/2026 
As solicitudes de renovación e traslado de praza, para aqueles/as menores que xa se atopen matriculados na REIM do Concello da Coruña no curso 2025-2026, poderán presentarse entre o 9 e o 12 de marzo na secretaría da escola infantil na que se desexe ingresar.
XIX Feira Matemática
14/03/2026 
Lugar: Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña
Celebrarase o día 14 de marzo de 2026, en horario de 11:00 a 20:00 horas, no Hall Proa de Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n, A Coruña).
Horario:

De 11:00 a 20:00 horas.

Rede de Escolas Infantís Municipais: prazo de solicitude de novos ingresos
Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026 
Coa publicación das prazas vacantes, o día 13 de marzo, ábrese o prazo de solicitude de novos ingresos entre o 16 e o 30 de marzo.
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal