Novidades de Educación - 16/02/26
Hoxe destacamos...
7 de febreiro de 2026
Máis de 2.000 persoas participaron nas actividades divulgativas da feira científica Isabel Zendal, realizada no Aquarium Finisterrae
A xornada, organizada polo grupo de innovación docente UDCiencia d+i, da Universidade da Coruña, contou co apoio do Concello
31 de xaneiro de 2026
Aberto o prazo de inscrición no concurso escolar de cánticos de animación do Club Básquet Coruña
Na iniciativa, que conta coa colaboración do Concello, poderá participar o alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios da cidade
Rede de Escolas Infantís Municipais - REIM
13 de febreiro de 2026
A EIM Arela converteuse nunha biblioteca de grandes mulleres nunha festa de Entroido moi especial
O patio da escola transformouse nunha gran biblioteca máxica para render homenaxe a grandes referentes femininas da historia.
A nosa axenda
"XXXV Mostra de Teatro Escolar": prazo de confirmación de participación e novas inscricións
Dende o 08/01/2026 ata o 27/02/2026 
Os grupos e centros xa inscritos para esta XXXV edición poderán confirmar a súa participación a través da ficha de solicitude específica ata o día 27 de febreiro ás 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse novos grupos interesados en participar no programa.
"Todo público. Teatro para centros escolares (primavera 2026)": prazo de inscrición
Dende o 19/01/2026 ata o 27/02/2026 
O IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar.
Paixón laranxa. A voz do Coliseum 2025-26: prazo de inscrición
Dende o 02/02/2026 ata o 27/02/2026 
O prazo de inscrición para esta segunda edición do programa permanecerá aberto entre o 2 e o 27 de febreiro, ambos os días incluídos.
21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato: prazo de presentación de propostas
Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026 
Os/as participantes poden enviar ata un máximo de 3 fotografías, en branco e negro ou en cor e en formato dixital. Os traballos poderanse presentar ata o día 31 de marzo.
III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026 
O Concello organiza estas Xornadas para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo.
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal