Novidades de Educación - 02/02/26
Hoxe destacamos...
30 de xaneiro de 2026
O Concello súmase á “Cumbre pola Paz” organizada polo colexio Grande Obra de Atocha
A alcaldesa e o concelleiro de Educación participaron nun acto simbólico que apelou ao compromiso coa convivencia e coa educación en valores desde a escola
29 de xaneiro de 2026
Inés Rey recibe en María Pita ao equipo e participantes do espectáculo CHORUS tras o seu éxito no Coliseum
A alcaldesa agradece o compromiso educativo, cultural e solidario dun proxecto que reuniu a 640 participantes e permitiu recoller 650 kg de material escolar para a Escola Coruña en Senegal
23 de xaneiro de 2026
Publicadas as listas provisionais de persoas seleccionadas no programa Bolsas Norteamérica 2026-27
O prazo de reclamacións irá do luns 26 de xaneiro ata o venres, 6 de febreiro, ambos os días incluídos.
21 de xaneiro de 2026
O Concello impulsa o programa educativo Espías no Tempo, con actividades en distintos puntos da cidade
Os centros rexistrados farán excursións polos barrios entre o 22 de xaneiro e o 16 de marzo
17 de xaneiro de 2026
O Concello pon en marcha unha nova edición do programa educativo ‘Coruña de Aventura’
Máis de 15.900 estudantes de 82 centros educativos participarán nesta iniciativa que promove o coñecemento da cidade desde unha perspectiva educativa, cultural e patrimonial
A nosa axenda
"XXXV Mostra de Teatro Escolar": prazo de confirmación de participación e novas inscricións
Dende o 08/01/2026 ata o 27/02/2026 
Os grupos e centros xa inscritos para esta XXXV edición poderán confirmar a súa participación a través da ficha de solicitude específica ata o día 27 de febreiro ás 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse novos grupos interesados en participar no programa.
"Todo público. Teatro para centros escolares (primavera 2026)": prazo de inscrición
Dende o 19/01/2026 ata o 27/02/2026 
O IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar.
Paixón laranxa. A voz do Coliseum 2025-26: prazo de inscrición
Dende o 02/02/2026 ata o 27/02/2026 
O prazo de inscrición para esta segunda edición do programa permanecerá aberto entre o 2 e o 27 de febreiro, ambos os días incluídos.
Idiomas do Mundo. Verán 2026: prazo de presentación de solicitudes
Dende o 02/02/2026 ata o 13/02/2026 
Coa publicación das bases do programa no BOP número 20 (30/01/2026), ábrese o prazo de presentación de solicitudes desde o luns 3 de febreiro ata o venres 13 de febreiro, ambos os días incluídos.
III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026 
Datas de inscrición: Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
O Concello organiza estas Xornadas para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo.
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal