Novidades de Educación - 02/12/25
Hoxe destacamos...
28 de novembro de 2025
Publicadas as listas provisionais da convocatoria extraordinaria de setembro da REIM
Coa publicación das listas ábrese un prazo, do 1 ao 3 de decembro, para a presentación de alegacións.
1 de decembro de 2025
Do 12 ao 17 de decembro celebraranse catro Encontros Lúdicos e catro Encontros Deportivos do programa de lecer Deporte no Centro
O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.
27 de novembro de 2025
O Concello entrega os premios ao alumnado gañador do Concurso de Postais de Nadal 2025
O xurado seleccionou como postal gañadora a de Dario Martín Sarmiento, alumno de 5º curso do CEIP San Francisco Xabier, que pasará a se converter na postal oficial de Nadal do Concello da Coruña deste ano
27 de novembro de 2025
O Concello celebra o Pleno Infantil con 140 escolares que alzaron a súa voz contra a violencia dixital, no marco do Día Internacional da Infancia
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a sesión no Salón de Plenos municipal, coa colaboración de UNICEF Comité Galicia
27 de novembro de 2025
Bebeto lembra ás súas vivencias co Dépor diante de máis de 400 estudantes de colexios da Coruña
O ex xogador brasileiro participou nun acto con centros educativos da cidade no Ágora
24 de novembro de 2025
CHORUS. Calendario de ensaios e concerto en xaneiro de 2026
A entrada será gratuíta ata completar o aforamento do recinto.
14 de novembro de 2025
Varios programas do Plan Coruña Educa amplían o seu prazo de inscrición ata o día 15 de decembro
Ademais, do 1 ao 15 de decembro abrirase un novo prazo de inscrición para os centros que queiran participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026).
Servizo de Educacion do Concello da Coruña
Tlf.: 981 902 327
educacion@coruna.gal